O vindeiro día 2 de setembro celébrase na Praza do Concello de Baiona, ás 21:30 h., o XXIV Festival Folclórico que organiza a Asociación Airiños da Lagoa, de Baíña (Baiona).
Xunto coas Pandereteiras Traspés, estará o Rancho Folclórico das Lavradeiras de Oleiros e o Obradoiro de Cultura Tradicional Ultreia.
Ven troulear con nós!