O Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés, nace como resposta á necesidade de dar auxe a eventos que promovan a cultura galega e que sirvan, ademais, de motivación para as numerosas agrupacións e asociacións dedicadas á recuperación e conservación do noso folclore.
Esta necesidade non cuberta na zona sur de Galicia, así como a grande afluencia de colectivos que moven este tipo de eventos noutras provincias galegas, levounos a cubrir este baleiro cultural.
O Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés é xa unha realidade; arranca no ano 2013 coa súa primeira edición, e ininterrumpidamente ten a súa cita cada ano no mes de maio. Considerado como un dos máis importantes no seu campo, este concurso organízase en tres categorías (por idade dos participantes) e conta cos premios máis altos outorgados nun certame destas características.