A Escola da Asociación Cultural Traspés nace coa intención de difundir a cultura tradicional e de servir como nexo entre o aprendido e a realidade cultural da tradición galega. O xeito innovador desta escola baséase nas novas solucións pedagóxicas e na absoluta contextualización dos contidos curriculares, sempre referidos á realidade tradicional e cultural de Galicia estritamente analizada e debidamente documentada.
O fin da escola é dar a coñecer a cultura galega, empregando todos os medios pedagóxicos ao alcance. Así, sen deixar de empregar a ferramenta didáctica básica da tradición oral, incorpóranse métodos innovadores de aprendizaxe vinculados ás novas tecnoloxías: redes sociais e plataformas de comunicación para o traballo en equipo, xestión de proxectos online, imaxes, audios e vídeos na internet, etc.
Actualmente impartimo-las seguintes disciplinas:
- Acordeón Diatónico
- Artesanía en Coiro
- Baile Moderno
- Baile Tradicional Galego
- Clarinete
- Costura Tradicional
- Gaita Galega
- Guitarra
- Linguaxe Musical
- Música Tradicional para nenas e nenos
- Percusión e Canto Tradicional
- Percusión Tradicional
- Saxofón
- Ukelele
- Violín Folk
Horarios curso 2024/2025:
Prezos:
Temos unha reducción de 5 € mensuais no prezo da segunda e sucesivas actividades para as persoas que se matriculen en varias aulas e para membros da mesma familia no primeiro grao de consanguinidade (agás na actividade de baile moderno).
Inscricións:
- Podes inscribirte dende acó.
- Ou na nosa oficina.