Saltar ao contido

XIII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas

Este domingo día 7 de outubro, ás 19,00 horas, comezan as xa tradicionais XIII Xornadas de danza e música tradicionais galegas, organizadas pola Asociación Cultural Interfolc en colaboración coa Concellería de Cultura e Festas; o acto de presentación terá lugar no auditorio do CVC de Valadares e actuarán os grupos folclóricos “Tarabelo” da Escola Municipal de Danza, “Lembranzas Galegas” e “Corisco”, ademais do coro tradicional “Cantares de Brión”. A entrada será libre ata esgotar aforamento.

O sábado 27 de outubro, ás 19,00 horas, terá lugar no auditorio “Mar de Vigo” a final das xornadas, coa participación dos grupos “Andarela” (Vigo), “Colexiata do Sar” (Santiago), “Seixebra” (Moraña) e “Traspés” (Vigo); tamén actuará como invitado o coro tradicional “Cantares de Brión”. A entrada será libre ata esgotar aforamento.

Os tres primeiros premios están dotados con 2.000 €, 1.000 € e 500 €, respectivamente.

Agardamos que as disfrutedes e que non faltedes para animar as vosas agrupacións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Activa as notificacións! Vale! Non, grazas.