Saltar ao contido

VII Aña Urbana

 

Este sábado, día 22 de abril, os Pandereteiros Traspés, darán un pequeno concerto dentro dos actos da Aña Urbana de Pontevedra que organiza a Asociación Cultural Trépia.

 

A actuación dará comezo ás 19:30 h. na carpa que haberá na Praza do Concello de Pontevedra, onde, a continuación, se celebrará tamén un serán no que poden tocar e bailar todas aquelas persoas que o desexen e se acheguen ata alí.

 

Ademáis durante todo o día hai moitos máis actos coma obradoiros, actuacións varias por tódalas rúas da cidade, visitas a exposicións… podedes ver toda a información no seguinte enlace: http://www.trepia.org/novas/596-ana-urbana-2017.html

 

Esperámosvos a todos por alí… VEN TROULEAR CON NÓS… a Pontevedra!!

 

17426140_1621164074575478_1728501518198936564_n

Activa as notificacións! Vale! Non, grazas.