Este domingo, día 03 de xuño, ás 18 h., terá lugar no auditorio do C.C.R. de Valladares (Vigo), a 2ª parte do VI Festival de Baile Moderno que organiza a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.
Xunto ao grupo de baile moderno da Asociación Cultural Traspés, actuarán o grupo “As Sereas de Valladares” e “Flashdance de Cabral”.
Anímate e achégate a Valladares este domingo!