Chega unha nova edición do noso concurso, nesta ocasión o evento terá lugar o domingo día 20 de maio, no Auditorio do Teatro Afundación (Vigo), coa entrada pola rúa Marqués de Valladares.
Coma en anos anteriores, no VI Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés, teremos dúas sesións, a da mañá que dará comezo ás 11 h. coas Categorías A e B, que corresponden aos grupos formados por rapaces e rapazas ata 16 anos, e a da tarde coa Categoría C que comezará ás 17 h., que comprende os grupos con integrantes maiores de 17 anos. En ámbalas dúas sesións haberá unha pequena exhibición, mentres delibera o xurado, por parte do noso grupo de pandereteiras (pola mañá) e o noso grupo de pandereteiros (pola tarde).
Este concurso non sería posible sen o patrocinio de:
Excma. Deputación de Pontevedra
Concello de Vigo
Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo
Codisoil S.A.
Coctelería Sinatra
De Cotío
E tamén a colaboración de:
Obradoiro de Costura Saiáns
Obradoiro de gaitas Gil
Obradoiro de gaitas Afonso Castro
Obradoiro de gaitas Antón Corral
Obradoiro de gaitas Seivane
Artesán Sito Guimeráns
Restaurante Casa Cielito Lindo
Instalaciones del Noroeste S.A. (INSA)
PelomaníaByAni
Mercería Crespo
Bulideira
Adobiarte
Ofint
Esperámosvos a todos en Afundación!!
VEN TROULEAR CON NÓS…