O próximo domingo 23 de febreiro ás 18.00 horas, celébrase a I edición do Concerto VAI DE AMORES! no Auditorio Reveriano Soutullo de Ponteareas, organizado por Tequeletequele (artes e entretemento).
Este ano haberá unha representación do corpo de baile da Asociación Cultural Traspés, compartindo escenario con varias agrupacións de música tradicional e solistas de extraordinario nivel.
GRUPOS:
A.C. TRASPÉS
XUNIÑEU
SADEO PANDEREITEIRAS
VOLTA E DÁLLE
O SON DA TRIGA
GRUPO TRADICIONAL formado especialmente para o concerto e integrado por ABRAHAM FERNÁNDEZ ( gaita) RAQUEL FARO (tambor) MIGUEL GONZÁLEZ DIZ ( gaita) e ALBERTO COSTAS COMESAÑA (bombo) .
MINIMA SON: MAROLA BARRAL (voz) e GABRIEL GASIO (guitarra)
SOLISTAS:
ALEJO AMOEDO ( piano)
NERA FERNÁNDEZ ( violín )
XABIER DOMÍNGUEZ ( oboe)
DANIEL P.PRADO ( Zanfona)
NURIA GESTEIRA( voz, pandeireta e baile )
NOELIA BARGIELA ( violín )
EMILIO RODRÍGUEZ ( clarinete )
ROBERTO MERA ( acordeón )
Estes últimos catro músic@s actuarán xuntos nunha espléndida formación musical especial para o evento.
Para namorarse.