Este vindeiro sábado día 30 de xullo, o Grupo de Música Tradicional Traspés actuará no II Festival da Percussão que se celebra en Carrazeda de Ansiães (Portugal).
A Charanga, as Pandereteiras e os Pandereteiros farán pequenos concertos na Praza principal do Municipio a partir das 21 h. (PT) neste evento que organiza De Mi Para Si.
Podedes ver toda a programación no seguinte enlace: http://www.demiparasi.com/