Saltar ao contido

Traspés en Tui

O vindeiro sábado día 20 de xullo, o Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés participará no Festival Folklórico que organiza a Asociación Cultural Santa Columba de Ribadelouro dentro da programación da súa semana cultural.

O evento terá lugar ás 20:30h. no Centro Cultural de Ribadelouro (Tui), e estaremos acompañados polo grupo A Ponte Vella de Teo e os anfitrións Santa Columba de Ribadelouro.

Anímate e ven troulear con nós!

Etiquetas:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *