Este vindeiro sábado 30 de outubro, O Grupo de Baile e Música Tradicional Traspés co motivo dos actos de celebración en homenaxe ó Bicentenario da Cidade de Vigo estará presente na inauguración da nova rotonda da rúa Venezuela (subida ó Castro) ás 11.45 h.
E ás 19.00 h participará nas XI Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas que terán lugar no Teatro Caixanova de Vigo. As invitacións, dúas por persoa, estarán dispoñibles na porta principal do teatro hora e media antes do comezo das Xornadas.