Saltar ao contido

Resultado do III Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés

Primeiramente queremos dar as grazas aos patrocinadores, colaboradores e artesáns, pola súa aportación desinteresada a este proxecto, sen eles todo este esforzo non serviría de nada.

Grazas tamén aos 34 colectivos que onte pasaron polo auditorio Afundación a ensinar un anaquiño do seu traballo, e as nosas FELICIDADES a todos porque o fixeron realmente ben e para o xurado tivo que ser moi difícil tomar a decisión. Todos os grupos sodes realmente moi bos!!

Os resultados foros os seguintes:
Na categoría A (ata os 11 anos):
1º “Laretas” da A.C.F. Tarambainas de Vigo
2º “Soalleiriños” da A.C.A. de Dorrón (Sanxenxo)
3º “Seixebra” da A.C. Seixebra (Moraña)
Mellor vestiario para “Laretas” da A.C.F. Tarambainas de Vigo
Na categoría B (de 12 a 16 anos):
1º “Vai de Roda” da A.B.M.T. Vai de Roda (Rianxo)
2º “Seixebra” da A.C. Seixebra (Moraña)
3º “Lina e Lola” da A.C. Peis d’Hos (Cangas do Morrazo)
Mellor vestiario para “Vai de Roda” da A.B.M.T. Vai de Roda (Rianxo)
Na categoría C (de 17 anos en adiante):
1º “Aldomir” da A.C. A Mámoa de Luou (Teo)
2º “Taravela” da A.X. Xiradela (Arteixo)
3º “Meniñas” da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
Mellor vestiario para “Lagharteiras” da A.C.F. As Lagharteiras (Mos)
Moitos parabéns a tódolos gañadores e a seguir traballando a prol da nosa cultura.
11164825_10203138858152720_748152947777564308_n