Xa temos todo en marcha para a segunda edición do noso Concurso de Canto e Percusión Tradicional.
Como o ano pasado, a cita terá lugar no Auditorio-Cine Novacaixagalicia de Vigo, o domingo 27 de abril de 2014.
O horario é o seguinte:
-
Xornada de mañá: ás 11.00 horas.
- Xornada de tarde: ás 17.00 horas.
Entradas a 3€ en taquilla dende 1 hora antes de cada xornada. 5€ as dúas xornadas.
Este ano contaremos coa participación de 52 agrupacións de toda a nosa comunidade.
Dende a nosa asociación queremos agradecer o esforzo de toda a nosa agrupación polo traballo que están a levar. Do mesmo xeito, e grazas ao patrocinio, un ano máis, da Deputación de Pontevedra, da Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo e de empresas privadas como Hermes Sistemas, Codisoil S.A., Laboratorio de Seguridad Telemática e De Cotío, e xunto coa colaboración da Fundación La Caixa, Novagaliciabanco, Téqueletequele, Patri Costureira Tradicional, Mercería Crespo e aos artesáns Apedraguas (Benito Quirós), Bombos Félix, Carlos do Viso, Foliqueiras, Miguel Rivas Instrumentos Tradicionais, O Reberete, Os Alegres, Sanín Percusión Tradicional e Silva Percusión.
Grazas tamén a todos vós, que apostades por este acto ou calqueira outro que sirvan como plataforma para a divulgación e promoción do noso patrimonio inmaterial e en particular da nosa Música Tradicional.
No seguinte enlace atoparedes os grupos participantes:
Grupos Participantes II Concurso Canto e Percusión Tradicional Traspés