Saltar ao contido

I Mostra de Música e Baile Tradicional Traspés. “deRaíz” en Redondela

Cartel deRaiz Redondela Traspés

“De Raíz” , I Mostra de Música e Baile tradicional, é a ferramenta a través da cal o grupo artístico da Asociación Cultural Traspés quere achegar ao público parte do traballo desenvolvido polos seus integrantes ao longo destes anos. Desde Traspés tentamos amosar parte do patrimonio inmaterial de Galicia, sendo rigorosos cos traballos de campo realizados, e tratando de que a comunicación co público sexa directa, doada e lúdica. Ano tras ano, achegamos este duro pero gratificante traballo, no que cada un de nós deixa un trociño de alma, agardando que todos os aspectos que conforman o folclore de Galicia, cheguen á escena coa maior calidade posible.


Esta I Mostra é o resultado do traballo do corpo de baile, pandereteiras, pandereteiros e charanga ao longo do ano 2013. Con ela faremos posible unha viaxe virtual por toda a xeografía galega, de norte a sur e de leste a oeste. Escoitaremos músicas das catro provincias e coñeceremos características dos seus bailes, ritmos, xeitos de tocar e cantar, etc.


O día 29 de agosto poderedes desfrutar deste espectáculo na Praza da Casa da Torre (Redondela), ás 22.00 horas, incluido na programación cultural de verán de este concello.

Deixamosvos o enlace a programación por se atopades algo máis do voso interese.

ProgramaCulturalVeran_2014

Non faltedes!!!!