O vindeiro martes 17 de maio, cadrando co festivo polo día das Letras Galegas, a nosa charanga participará no I Certame de Gaitas que organiza o Concello de Bergondo en homenaxe a Pepe Temprano.
O acto, presentado por Pepe Capelán, terá lugar no Centro Sociocultural A Senra (Bergondo) a partir das 18 h., e xunto coa Charanga Traspés, participarán: Os Perillos, Sementando Palletas, Grupo Nova Troula, Alfaia da A.C. O Amanexo, Untía e a Banda de Gaitas da A.C. Malante. Por se fose pouco, ofrecerán tamén unha actuación a Asociación Cultural “Gaiteiros de Alén do Mar”, a Asociación folclórico cultural San Xoán de Ouces e “Os Mariachis” de Pepe Temprano.
Moita sorte para os nosos músicos!! Esperámosvos a todos por Bergondo!!