Saltar ao contido
Adrao Casal Sío - Asociación Cultural Traspés - traspes.gal

Director do Grupo de Baile

Director da sección de baile do Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés.

traspes-asociacion_cultural_traspes-vigo-galicia-galiza-folclore_galego-musica_tradicional-baile_tradicional_galego-feet_right_red-3k

Comeza a súa andaina no eido do baile tradicional da man da Agrupación Folclórica “Ecos e Agarimos” de Peitieiros (Gondomar) no ano 2012, pasando posteriormente a formar parte da escola da Agrupación Folclórica “Cantigas e Agarimos” de Santiago de Compostela. Pouco despois ha continuar a súa formación con Xisco Feijóo no Grupo Etnográfico “A Buxaina” do C.R.A.C. de Coruxo, xa en Vigo, e da A.C.F. O Fiadeiro; mentres que de xeito simultáneo entra en contacto co traballo de campo da man das nosas informantes.

Coma mestre de baile tradicional ten participado, xa desde a organización do evento como desde a ensinanza, de varios encontros e obradoiros de danza. Foi e continúa a ser o docente de varias agrupacións no Salnés, no Condado, na Paradanta, no Baixo Miño e na comarca de Vigo; desde onde continúa coa súa vocación de divulgar e aprender o baile tradicional galego.

Participou tamén como elenco principal na produción “SON” de Nova Galega de Danza e Rojas e Rodríguez (2016), contándose aínda hoxe coma membro da compañía dentro doutros proxectos. Forma parte, asemade, de Fran Sieira Compañía de Danza dentro da proposta “NeutrX”, aínda en xira.

Activa as notificacións! Vale! Non, grazas.