Saltar ao contido

Festival Internacional de Folclore da Cidade do Porto

 

O Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés, estará desde o día 20 ao 30 de xullo representando o noso folclore no XXXVIII Festival Internacional de Folclore da Cidade do Porto, e no XXXVII Festival Internacional de Folclore de Paranhos.

 

Durante estes dez días percorrerá distintos lugares da cidade portuguesa nos que mostrará as músicas e os bailes de Galicia en pequenas intervencións organizadas polo Rancho Folclórico de Paranhos.

 

Se estás pensando en visitar Oporto, agora é o momento… VEN TROULEAR CON NÓS!!

 

20180713_041101

 

Os grupos que participarán con nós son: “Uzory” de Rusia, “Burgisi de Marsala” de Italia, “Ekonóm” de Eslovaquia, “Marula” de Georgia, “Les Troubadoures du Mont Royal” de Francia, “Cultura e Tradición Mexicana” de México, e como non podía ser doutro xeito, “Rancho Folclórico de Paranhos da Beira”, e os organizadores “Rancho Folclórico de Paranhos” de Portugal.