Despois de dous anos sen ela, ao fin chega a Festa da Reconquista da Vila de Vigo, e como non podía ser doutra maneira, a Asociación Cultural Traspés estará presente co seu posto de comida e bebida, ademais das actuacións musicais por parte das nosas escolas de gaita, percusión e pandeireta, e as seccións musicais do Grupo de Música e Baile Tradicional.
A nosa ubicación este ano é na praza de Eduardo Chao, ao pé do edificio da Deputación Provincial de Pontevedra.
Vén troulear con nós!! Temos moitas ganas de festa, temos moitas ganas de Reconquista!!!
