Saltar ao contido

Día Internacional da Danza

 

Este vindeiro sábado, 28 de abril, Traspés estará actuando na Praza da Princesa con motivo do Día Internacional da Danza.

 

O acto comezará ás 18:45 coa lectura do Manifesto do Día Internacional da Danza 2018, e de seguido realizaranse as actuacións dos grupos: Os Ventos de Comesaña, Queixumes e Traspés.

 

Ademáis deste acto central, haberá máis actuacións simultáneas por distintas prazas da cidade: Praza do Emigrante (As Travesas), Praza da Pedra (Casco Vello), Mercado do Calvario ou no MARCO (Rúa do Príncipe), todo organizado e coordinado pola Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo.

 

Esperámoste… VEN TROULEAR CON NÓS!!

 

Activa as notificacións! Vale! Non, grazas.