Saltar ao contido

O Serán que cada ano organiza a Asociación Cultural Traspés resposta a unha realidade crecente na nosa comunidade. Son moitas as persoas que se dan cita neste tipo de festas, nas que a música e o baile tradicional son os principais ingredientes, e que, seguindo coa tradición, adoitan organizarse en núcleos máis ou menos rurais. Para achegar o Serán tamén á xente que vive na cidade, Traspés organiza o seu en Vigo, onde ten a súa sede.

Cada ano a afluencia de xente crece, non limitándose a público provinte da cidade de Vigo, xa que no Serán Traspés recibimos público e grupos participantes de dentro e fóra da provincia.

Co afán de que aquilo polo que loita a asociación non se converta en algo museístico, propoñemos este tipo de actividades, que promoven o noso folclore, e axudan a que continúe vivo, practicándose de maneira espontánea como se vén facendo desde moito tempo atrás.