O Grupo de Baile e Música Tradicional Traspés partipará no XI Concurso de baile tradicional Azaloira organizado pola Asociación de baile “Fortín da Pomba” que terá lugar o vindeiro domingo 1 de maio en Bandeira, no auditorio Manuel Dopazo ás 18.00h.
Esta é a lista dos grupos participantes:
Centro Cultural “A ponte Vella” de Reis-Teo
Grupo “Trébede” de Marín
A. C. “Traspés” de Vigo
A. C. “Os Xeitosos” de Trazo
A. F. “Colexiata do Sar” de Santiago