Boas amigos, aquí estamos outra vez dando guerra, e como non podía ser menos, temos aberto o noso prazo de matrícula para este novo curso escolar 16/17, no que ademáis das actividades que xa tiñamos, ofertamos algunha que outra nova e moitos máis horarios… Botádelle un ollo ás novidades e apuntádevos… NON O DUBIDEDES!!
Para calquera dúbida e/ou inscrición, poñédevos en contacto con nós a través do noso teléfono 886 116 033, correo electrónico traspes@traspes.com, facebook traspès, ou facéndonos unha visita en horario de oficina no noso local da Avenida da Florida nº32 (baixo).
Horarios de oficina: luns de 16 a 19, mércores de 16 a 18, venres de 11:30 a 13:30 e de 17 a 20.
COMEZAMOS AS AULAS O DÍA 19 DE SETEMBRO… GRATIS!!!!!