O día 22 de maio terá lugar a décima edición do Concurso de Canto e Percusión Tradicional que organizamos desde a Asociación Cultural Traspés.
Nesta ocasión, o evento terá lugar no Auditorio Municipal do Concello de Vigo, e estará dividido en dúas xornadas. Ás 11 da mañá actuarán as categorías A e B, e pola tarde, ás 17 h., a categoría C.
Este acto non sería posible sen o patrocinio e a colaboración por parte de entidades públicas coma a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo, e tamén empresas privadas coma Codisoil S.A., Obradoiro de Gaitas Gil, Obradoiro de Gaitas Afonso Castro e a tenda de roupa tradicional Bulideira.
Agardámosvos a todos para celebrar este aniversario concurseiro!!
