O vindeiro sábado día 10 de xuño, a partir das 22 h., celebramos o VII Serán na Alameda de Sárdoma, ao carón da igrexa.
As inscricións para tocar na festa faranse “in situ” por orde de chegada, e coma tódolos anos acompañarannos grupos de toda Galicia para facernos bailar e divertirnos coa súa música.
Haberá comida, roscón e chocolate de balde para tódolos asistentes, e tamén teremos carpa por se ven o mal tempo!
Non o penses máis e VEN TROULEAR CON NÓS!! Anota a data na axenda, e que non cho conten…