Saltar ao contido

Traspés no Luar da Televisión de Galicia



Mañá venres, día 23 de marzo, Traspés participará no programa Luar, emitido pola televisión de Galicia ás 21.30 h.

Agardamos que disfrutedes tanto coma nos do baile que interpretaremos.

¡¡¡¡Non volo perdades!!!!!

JOTA E MOLIÑEIRA DE SON (Navia de Suarna- Lugo).

Cando falamos dun dos poucos lugares onde o baile solto se desenvolve xeralmente en roda con puntos curtos e vistosos… lugar tamén onde os bailadores poden acompañar os pasos ao son das castañolas… e case sempre ao ritmo dun gaiteiro solista acompañado por redobrante… sen dúbida, estamos a falar, seguro, dalgunha aldea da comarca dos Ancares.

O grupo artístico Traspés queremos amosarvos como serían unha Jota e unha Moliñeira recollidas na aldea de Son, pertencente ao concello Ancarés de Navia de Suarna na provincia de Lugo; un día de festa cunha charanga contratada.