Os vindeiros días 30 e 31 de marzo, vaise celebrar no Casco Vello de Vigo a Festa da Reconquista, e coma tódolos anos Traspés estará presente co seu stand de comida e bebida.
Nesta edición, a nosa ubicación será na Rúa San Vicente, xusto na parte de atrás do edificio da UNED.
Como é habitual, o noso posto terá música e baile durante as 48 horas que dura a celebración, aínda así haberá concertos oficiais dos distintos grupos da asociación.
Sábado 30 de marzo:
- 14:00 a 17:00 h. pasarrúas do Grupo de gaitas da escola da A.C. Traspés
- 17:00 h. Pandereteiras Recoiro da escola da A.C. Traspés
- 18:00 h. Pandereteiras Traspés
- 19:00 h. Charanga Traspés
- 20:00 h. Pandereteiros Traspés
Domingo 31 de marzo:
- 12:00 h. Escola infantil de baile da A.C. Traspés
- 12:20 h. Escola infantil de pandeireta da A.C. Traspés
- 12:40 h. Escola de pandeireta adultos da A.C. Traspés
- 13:00 h. Escola de gaita e percusión da A.C. Traspés