Este próximo venres 3 de xuño ás 20:30 h., o Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés actuará no Festival Folclórico que organiza o C.S.C.R. de Beade no auditorio do propio centro cultural, xunto co grupo de gaitas “Arume” e as pandereteiras “Volta do Demo”.
Este festival está encadrado dentro dos actos da XXXI Feira-Festa da Cereixa.
Esperámosvos a todos por Beade!! Música, baile e moitas cereixas!!