Saltar ao contido

Seguimos traballando

Despois do éxito da estrea do noso primeiro espectáculo, seguimos traballando en prol do folclore galego.

Onte estivemos na festa do San Isidro en Cabral (Vigo); mañán, sen saír da nosa cidade, celebraremos o Día das Letras Galegas no festival foclórico de San Miguel de Oia, a partires das 19.00h no seu centro cultural e social, e o mércores polo mesmo motivo, no Conservatorio Superior de Música a partires das 18.30h.

Vémonos por alí!

Ilustración do poeta Monfortino Lois Pereiro, homenaxeado polo Día das Letras Galegas 2011
Activa as notificacións! Vale! Non, grazas.