Este vindeiro sábado 26 de agosto, o Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés fará doblete!!
Pola mañá estaremos nas Festas de San Campio, en Valladares, Vigo, actuaremos a partir das 12 do mediodía no torreiro da festa.
Pola tarde iremos ata Vilagarcía de Arousa para participar no Festival Folclórico que organiza a Asociación Cultural Malveiras, o evento terá lugar na Praza de Galicia ás 22 h., e ademáis de Traspés, estarán O Fiadeiro (Vigo) e o grupo anfitrión Malveiras (Carril – Vilagarcía).
Non perdas a oportunidade de rematar agosto con boa música e bo baile…
VEN TROULEAR CON NÓS!!