Este pasado domingo día 22 de maio, celebramos o noso IV Concurso de Canto e Percusión Tradicional no que participaron 38 agrupacións de distintos puntos da nosa comunidade.
Desde a Asociación Cultural Traspés queremos agradecer a participación de tódolos grupos, así como o apoio de distinos patrocinadores, colaboradores e artesáns.
Tamén dar as grazas aos tres membros do xurado, que non o tiveron nada fácil debido á grande calidade demostrada neste día, eles foron Olga Kirk, Gustavo Couto e Xandre Outeiro, e tras a súa deliberación os premios quedaron repartidos do seguinte xeito:
Categoría A (nenos ata 11 anos):
- 1º Premio: Soalleiriños da A.C. Soalleira de Dorrón (Sanxenxo)
- 2º Premio: Laretas da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
- 3º Premio: Escola de pandeireta do C.E.I.P. do Hío (Cangas do Morrazo)
- Accesit de vestiario para o Grupo C da A.C. Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo)
Categoría B (de 12 a 16 anos):
- 1º Premio: Soalleira da A.C. Soalleira de Dorrón (Sanxenxo)
- 2º Premio: Titiriteiras da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
- 3º Premio: Grupo A da A.C. Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo)
- Accesit de vestiario para Titiriteiras da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
Categoría C (de 17 anos en adiante):
- 1º Premio: Barallocas da A.C. O Amanexo (Oleiros)
- 2º Premio: Lagharteiras da A.C.F. As Lagharteiras (Mos)
- 3º Premio: Grupo C da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela)
- Premio ao mellor vestiario para Pandereteiras A Buxaina do C.R.A.C. de Coruxo (Vigo)
Este concurso non sería posible sen o patrocinio das seguintes entidades:
- Excelentísima Deputación de Pontevedra
- Concello de Vigo
- Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo
- Codisoil S.A.
- Hermes Sistemas
- Obradoiro de gaitas Seivane
- De Cotío
- Xesleio
- Contradición
Tamén colaboraron:
- Instalaciones del Noroeste S.A. (INSA)
- Obradoiro de costura Saiáns
- Obradoiro de gaitas Gil
- Obradoiro de gaitas Afonso Castro
- Obradoiro de gaitas Antón Corral
- Vigo Courier
- PelomaníabyAni
- La Contenta
- Centro de quiromasaxe e estética Alma
- Mercería Crespo
- Material e mobiliario de oficina Ofint
- Restaurante Cielito Lindo
- Bulideira
- Téqueletéquele
E a desinteresada aportación dos artesáns:
- Silva Percusión Tradicional
- Sanín Percusión Tradicional
- O Reberete Instrumentos Tradicionais
- DaCorLa Artesanía
- Miguel Rivas Obradoiro de Instrumentos Tradicionais
- Abrahán Riveiro Instrumentos Tradicionais
- Xosé Tuñas Percusión
- Xaneco Obradoiro de Instrumentos Musicais
Non temos suficientes palabras para demostrarlles o agradecemento a todos eles!! Miles e milleiros de grazas…
Vémonos para o ano que ven no V Concurso!! 🙂 😉