Onte, día 22 de maio de 2022, celebramos no Auditorio Municipal do Concello de Vigo o X Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés.
Non podemos publicar os resultados sen antes agradecer o patrocinio da Excelentísima Deputación de Pontevedra, do Concello de Vigo e de gasóleos Codisoil S.A.; e a colaboración do Obradoiro de gaitas Gil, Obradoiro de gaitas Afonso Castro e a tenda de roupa tradicional Bulideira.
E como non, grazas infinitas a Julia Pozo, María Prego e José Codesido por acceder a exercer de membros do xurado e realizar esa dificultosa tarefa.
Nesta décima edición do Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés, os resultados foron os seguintes:
Categoría A, que comprende nenos e nenas ata os 11 anos de idade:
1º Premio: Pituquiñas, da A.C. Santa Columba de Ribadelouro (Tui)
2º Premio: Cinco Ferreñas, da A.M.B.T. Vai de Roda (Rianxo)
3º Premio: Mouchiñas, da A.C.F. O Fiadeiro (Vigo)
Accésit de vestiario: Titiriteiras, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
Categoría B, con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos:
1º Premio: Xabreiro, da A.C. Soalleira (Sanxenxo)
2º Premio: Grupo B, da A.F. Cantigas e Agarimos (Santiago de Compostela)
3º Premio: Gharabullos, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
Accésit de vestiario: Gharabullos, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
Categoría C, que engloba a mozos e mozas maiores de 17 anos:
1º Premio: Meniñas, da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
2º Premio: Soalleira, da A.C. Soalleira (Dorrón)
3º Premio: Lina e Lola, da A.C. Peis d’hos (Cangas do Morrazo)
Premio ao mellor vesitario: Pandereteiras da A.C. Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo)
Millóns de grazas ás 34 agrupacións participantes nesta edición e PARABÉNS polo espectacular traballo que facedes!