Antes de publicar os resultados do noso VI Concurso de Canto e Percusión Tradicional, reiterar o noso agradecemento aos patrocinadores do mesmo: Excelentísima Deputación de Pontevedra, Concello de Vigo, Agrupación de Centros Deportivos e Culturais de Vigo, Codisoil S.A., Coctelería Sinatra e De Cotío.
Tamén aos colaboradores: Obradoiro de Costura Saiáns, Obradoiro de gaitas Gil, Obradoiro de gaitas Antón Corral, Obradoiro de gaitas Afonso Castro, Obradoiro de gaitas Seivane, Mercería Crespo, Instalaciones del Noroeste S.A., Pelomanía by Ani, artesán Sito Guimeráns, Adobiarte, Bulideira, Cielito Lindo e Ofint.
E como non podía ser doutro xeito, moitísimas grazas tamén aos tres membros do xurado que non o tiveron nada fácil: María Vidal, Anita García e Luis Prego.
Neste VI Concurso de Canto e Percusión Tradicional os premios foron os seguintes:
Categoría A, que comprende nenos e nenas ata os 11 anos de idade:
1º Premio: Gharabullos da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
2º Premio: Galdrumeiras da A.C. O Amanexo (Oleiros)
3º Premio: Buxainiñas do C.R.A.C. de Coruxo (Vigo)
Accésit de Vestiario: Retranqueiriñas da A.C. Retranqueiros (Ames)
Categoría B, con nenos e nenas de idades comprendidas entre os 12 e 16 anos:
1º Premio: Soalleira da A.C. Soalleira de Dorrón (Sanxenxo)
2º Premio: Titiriteiras da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
3º Premio: Soalleiriños da A.C. Soalleira de Dorrón (Sanxenxo)
Accésit de Vestiario: Tahúme do G.B.M.T. Tahúme (Ribeira)
Categoría C, que engloba a persoas maiores de 17 anos:
1º Premio: Lagharteiras da A.C.F. As Lagharteiras (Mos)
2º Premio: Meniñas da A.C.F. Tarambainas (Vigo)
3º Premio: Pandereteiras da A.C. Rosalía de Castro (Teo)
Premio ao mellor vestiario: Grupo A de Cantigas e Agarimos (Santiago)
Moitísimas grazas aos 44 grupos pola súa participación, e PARABÉNS por ese traballo tan ben feito!!