Despois dunhas pequenas vacacións, voltamos con máis ganas e enerxía positiva que nunca, e sobre todo moita ilusión.
Novos proxectos e novos retos dos que vos iremos informando.
Polo momento querémosvos convidar a formar parte do noso grupo de baile, polo que xa está en funcionamento un turno de acceso os luns de oito a nove na A.VV. de Sárdoma, dirixido por Francisco Sieira (director do grupo de baile de Traspés).
Se tamén queres formar parte do noso grupo de pandereteiros, pandereteiras ou charanga pídenos información.
Poñédevos en contacto con nós no número de teléfono 617 088 075, ou a través do noso correo eletrónico traspes@traspes.com
Se tes ganas de divertirte e disfrutar do noso folclore, non o dubides e chama.
Contamos contigo!