O vindeiro domingo, día 25 de xuño ás 20 h. no Teatro Afundación de Vigo, o Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés presenta: PONTEVEDRA.
“As músicas, os bailes, os cantares, as historias de Pontevedra, engárzanse neste espectáculo a modo dos de Varietés de principios do século XX, para achegar ao público sensacións evocadoras da cultura popular desta parte sur de Galicia. Herdeiros pois daquelas fontes teatrais denominadas opereta, ópera cómica ou comedia musical, Donas e Cabaleiros, pasen e vexan, escoiten, sintan. Presentamos PONTEVEDRA.”
As entradas están xa á venda a través de www.ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Central de Espectáculos de Vigo e nas sedes Afundación de Vigo, Ourense, Santiago de Compostela e A Coruña.
NON QUEDES SEN ENTRADA… Un espectáculo de música e baile tradicional diferente 😉