traspes-asociacion_cultural_traspes-vigo-galicia-galiza-folclore_galego-musica_tradicional-baile_tradicional_galego-logo_tr_1k

Asociación

Fundada a finais do ano 2009 en Vigo por un grupo de amigos cunha importante traxectoria no eido do mundo tradicional, Traspés ten como finalidade amosar ao público unha realidade cultural que nos resistimos a esquecer.

O xeito innovador da nosa escola baséase nas novas solucións pedagóxicas e na absoluta contextualización dos contidos curriculares, sempre referidos á realidade tradicional e cultural de Galicia, estritamente analizada e debidamente documentada.

O Concurso de Canto e Percusión Tradicional Traspés, nace como resposta á necesidade de dar auxe a eventos que promovan a cultura galega e que sirvan, ademais, de motivación para as numerosas agrupacións e asociacións dedicadas á recuperación e conservación do noso folclore.

Serán que cada ano organiza a Asociación Cultural Traspés resposta a unha realidade crecente na nosa comunidade. Son moitas as persoas que se dan cita neste tipo de festas, nas que a música e o baile tradicional son os principais ingredientes, e que, seguindo coa tradición, adoitan organizarse en núcleos máis ou menos rurais. Para achegar o Serán tamén á xente que vive na cidade, Traspés organiza o seu en Vigo, onde ten a súa sede.

Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés ten como misión fundamental a recuperación, investigación, conservación e difusión do folclore tradicional galego. Nesta tarefa búscase a maior pureza e semellanza coa realidade e pretende ser unha ferramenta de transmisión da arte popular de Galicia. Para levar a cabo tal fin, realízanse espectáculos de grande magnitude que se representan tanto na nosa comunidade, Estado, así como no estranxeiro, a través dos festivais internacionais onde participa.

Unha das principais metas que o equipo directivo da Asociación Cultural Traspés se marcou desde un principio, foi a da creación de espectáculos encamiñados á promoción e divulgación da nosa cultura e folclore popular.

Neste sentido, Traspés aporta un xeito diferente de facer, dá un novo punto de vista ao tradicional, coa intención de promover actitudes sociais que encamiñen á valoración do patrimonio artístico e potenciar as que contribúan ao seu estudio e coñecemento, axudando a espertar o interese polas nosas tradicións.

O principal obxectivo dos nosos espectáculos non é máis que o de entreter, espertando, do mesmo xeito, todo tipo de sentimentos de nostalxia, ledicia, tristeza…

Así na posta en escena, e grazas á información debidamente contrastada acerca da indumentaria, xoiería, bailes, músicas, cantares, instrumentacións, etc. podemos ver e sentir momentos da forma de vida dunha época e lugar determinados, facendo posible unha fotografía en vivo de tempos pasados.

    Horario de oficina

    Luns: 16:00 a 17:30 e 21:00 a 23:00
    Martes: 16:00 a 17:30
    Mércores: 16:00 a 18:00
    Xoves: 19:00 a 19:30