
Outro ano máis chega a Festa da Cultura de Vigo que organiza a Agrupación de Centros Deportivos e Culturais da Cidade. Nesta ocasión será os días 11, 12 e 13 de xullo, e coma sempre a cita terá lugar na Porta do Sol.
O Grupo de Música e Baile Tradicional Traspés actuará na nomeada festa o sábado día 13 de xullo, comezando o seu pararrúas desde a Sede do Celta de Vigo ás 19:50 h. e facendo a súa intervención no Sireno ás 20:15 h.
Deixamos aquí abaixo toda a programación coas distintas actuacións e concertos programados.
Ven troulear con nós!
