Despois dun par de semanas de vacacións ao regreso da nosa aventura polo Festival Interceltique de Lorient, toca volta ao traballo, con máis ganas, ilusións e proxectos en mente.
Antes de nada, queremos agradecer a nosa participación en Lorient, comenzando por Pablo Seoane, quen nos brindou esta oportunidade; as nosas intérpretes Ela e Gaele pola súa atención e dedicación; aos nosos compañeiros de escenario a Banda de Gaitas de Forcarei polo seu trato e foliadas nocturnas; aos nosos veciños asturianos, a carpa de Galicia, a todos cos que trouleamos un bo rato e como non a todos os compoñentes de Traspés.
Entre eses proxectos, está a creación da nosa escola, a cal aínda estamos a organizar o mellor posible para que non teñades ningún problema á hora de informarvos e apuntarvos. Temos pensado comezar a primeiros de outubro se non hai ninguna complicación. Se tedes algunha actividade que considerades interesante, non dubidedes en comunicárnolo e faremos o posible por incluíla nas nosas actividades.
Esperamos que todo sexa do voso agrado, e se tendes alguna consulta que facernos, recordade que podedes facela a través do noso correo electrónico ou telefonicamente.
Grazas unha vez mais por crer en nós.