Fanáticos do bombo con pratos, lembrade que a finais de este mes, o día 29, temos na nosa asociación un cursiño impartido por Marcos Saburido (Kinhos), gran mestre na materia de percusión tradicional.
Con un prezo de 35 € para socios e 40 € para non socios, o curso será en horario de 11 a 14 e de 16:30 a 19:30 h. no noso local sito na Rúa Florida nº32 – baixo (ST42).
Anotarse é doado, descargades a folla de inscrición CURSO DE BOMBO_inscricion e enviádela a traspes@traspes.com, non demoredes moito que as prazas son limitadas 😉
Esperámosvos!!