Saltar ao contido

Asemblea Xeral de Socios/as

Pola presente informamos a tódolos/as socios/as da vindeira Asemblea Xeral, Ordinaria e Extraordinaria, que se celebrará no local da Asociación Cultural Traspés este domingo día 24 de febreiro ás 12 h. en primeira convocatoria e ás 12:30 h. en segunda.

Trataremos os seguintes puntos do día:

Asemblea Xeral Ordinaria:
1. Lectura e aprobación, se procede, da Acta anterior.
2. Estado de contas e balance anual.
3. Cese da Xunta Directiva por transcurso do prazo para o que foron elixidos.
4. Rogos e preguntas.

Asemblea Xeral Extraordinaria:
1. Elección da nova Xunta Directiva.